domingo, 14 de abril de 2013

Fotos do mercado do 14 de abril

Charla de Edmundo maseda no mercado do Souto


Hoxe no mercado do Souto, tivemos a sorte de poder escoitar a Edmundo Maseda.
Compartiu connosco os seus coñecementos e experiencia no mundo das propiedades das plantas para “curar as plantas”, falounos das propiedades da cola de cabalo como funxicida, da ortiga como insecticida, e dunha longa lista de plantas aliadas do agricultor.
Grazas a Edmundo de parte de tod@s os que tivemos a sorte de escoitalo, un grande comunicador!!!

viernes, 18 de enero de 2013

Mercado do 27 de xaneiro "IMOS TECER COAS MANS"

O domingo 27 de xaneiro ao longo do tempo de realización do Mercado, teremos un obradoiro para nen@s   e adultos sobre   tecido coas mans . Imolo chamar " IMOS TECER COAS MANS "  impartido por Teresa Bello e Xisela

LEMBRADE TRAER LÁ