ACTA DA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DA ASOCIACIÓN “KARRICANTA” CON DATA 11 DE MARZO DE 2012
En Cervo, sendo as 12:30 horas do dia 12 de febreiro de 2012, celébrase a asamblea ordinaria da asociación “Karricanta” no Concello Vello, presidida por Nuria e coa asistencia dos membros seguintes: Elisa, Marga, Iolanda, Luz, Cata, Azucena, , Cielo e Paloma; co seguinte orde do día:
ORDE DO DÍA
- LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR
- ESTADO DA XUNTA DIRECTIVA
- ACTUALIZACIÓN DE SOCIOS
- INFORME DO ESTADO DE CONTAS
- IMPORTE DAS CUOTAS
- MEMORIA E BALANCE DO ANO 2011
- PROXECTOS PARA O 2012
- LOCAL DE REUNIÓN E ALMACENAXE.
- ROGOS E PREGUNTAS
DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN
LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR:
A acta anterior queda aprobada por unanimidade.
ESTADO DA XUNTA DIRECTIVA:
Renuncian ó seu cargo según comunicación escrita adxunta o actual secretario: Antonio Duarte Hernández e a tesoureira: Lola Quelle Vidal.
A directiva queda por tanto aprobada por unanimidade como segue:
Presidenta: Nuria Torrado
Secretaria: Luz Campo
Tesoureira: Paloma López-Leytón
Vogal: Cielo Fernández
Vogal: María de Jesús Rodríguez
ACTUALIZACIÓN DE SOCIOS:
Actualmente estamos rexistrados 19 socios. Falouse que hai moita xente que non ten a ficha cuberta ou se debeu extraviar (ELIA, VILMA, SERVANDO, etc.) É necesario que á máxima brevidade posible se vaian cuprimentado todas as fichas para poder pasar correctamente as cuotas. Acórdase por unanimidade que o que non teña a ficha cuberta non se considera socio. Marga vai colgar a ficha no blog para quen queira a descargue e a cumprimente. Hai que entregalas firmadas en Expomar a Cata ou enviarllas por correo (AV. ARCADIO PARDIÑAS, 137, ENTRECHÁN 27880 BURELA-LUGO).
INFORME DO ESTADO DE CONTAS:
O estado de contas ten un balance negativo. Non se cobrou ningunha cota de socios, polo tanto ingresos: 0.
Temos pendentes os seguintes pagos:
Á secrearia anterior, Iolanda, uns 50 euros por xestións varias.
Ó autor do logo: 400 Euros.
IMPORTE DAS CUOTAS:
Con respeito ás cuotas, corroboramos o aprobado según a acta de reunión do 1 de abril de 2011 que eran 20 euros anuais.
MEMORIA E BALANCE DO ANO 2011:
Acórdase por unanimidade que para participar na compra de verduras semanal hai que facerse membro da asociación KARRICANTA. Marga queda encargada de notificalo ás persoas en questión. Tamén Marga se ocupará de eliminar o blog de VOUCHEAPÓRVERDE para transformalo no blog de KARRICANTA para que quede asociado á conta de correo correspondente. Os pedidos seguiranse xestionando no blog de KARRICANTA. O que sí se modificará na mecánica dos pedidos será que á hora de confirmar a data e o importe dos pagos se faga por correo electrónico. O encargado de xestionar o pedido enviará un correo a cada un dos que lle realizaron o pedido especificando a data límite para realizar o pago e o importe do mesmo. Así mesmo esta persoa, en canto teña confirmados todos os pagos, poñerase en contacto por email coa tesoureira para que esta realice o pago ó proveedor correspondente.
PROXECTOS PARA O 2012:
O proxecto do mercado en colaboración con AIRIÑOS DO XUNCO seguirá sendo tratado principalmente por Azucena, o noso enlace con Airiños. Varios socios como Cata, Elisa, e outros se comprometen a falar con pequenos productores da zona que estén interesados en participar. Julia de Cervo asistiu a reunión para interesarse pola asociación e para amosarnos os productos cos que ela estaría disposta a participar. En principio falamos de que o ideal sería que fose de unha periodicidade semanal, pero que comprendemos que para empezar con unha periodicidade quincenal ou incluso mensual sería o máis razoable.
LOCAL DE REUNIÓN E ALMACENAXE.
Con respeito ó local de almacenaxe Azucena ofreceuse voluntaria para xestionar co Concello a cesión temporal de un dos varios locais que existen en Cervo. A proposta de Elisa de pedirlle a Táboa dos irmandiños á Empresa propietaria quedou descartada debido á imposibilidade para asociación de facerse cargo dos gastos que este local xeraría.
ROGOS E PREGUNTAS:
Nuria dice que necesitamos comprar unha balanza para repartir os pedidos. Queda aprobada a compra por unanimidade e encargada de facela Nuria.
E sendo as 14:40h aproximadamente do 11 de abril de 2012, a Presidenta Nuria Torrado procede ó peche da Asamblea Xeral Ordinaria de Socios. Do sue contido e dos acordos adoptados DOU FE como secretaria.
11 de marzo de 2012
A secretaria : Luz Campo Vº bon Presidenta: Nuria Torrado
Fdo: Fdo:
ACTA DE REUNIÓN DA ASOCIACIÓN “KARRICANTA”
do 12-02-2012
extraordinaria convocados por Elisa a asociación “Karricanta” na plaza do souto, presidida por Nuria e coa asistencia dos membros seguintes: Elisa, Marga, Iolanda, Nuria, Luz, Cata, Azucena, Marcelino, Cielo, Henar e Xoel,co seguinte orde do día:
ORDE DO DÍA
- EVALUACIÓN DA SITUACIÓN ACTUAL DA ASOCIACIÓN
- XESTIÓN DE PEDIDOS
- PROPOSTAS E PROXECTOS
DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN
Primeiro punto:
Decídese convocar a asamblea ordinaria para o próximo día 11 de marzo, domingo, ás 12 horas en Cervo, nun local do edificio que era o antigo concello de Cervo, para tratar este punto e outros máis que se detallarán na convocatoria. Elisa encargarase de conseguir a solicitude para o local, Luz de firmala como secretaria provisional e de entregala no concello de Cervo. Tamén queda encargada de enviar a convocatoria por email ós actuáis socios con, como mínimo, 15 días de antelación.
Segundo punto:
Acórdase por unanimidade que a partir de este momento todos os pedidos se realizarán baixo o NIF da asociación. Abrirase unha conta nos próximos días en Nova Caixa Galicia, onde se aboarán os importes dos pedidos por adiantado e dentro da data sinalada polo encargado de realiza-lo mesmo. É moi importante que cando se realicen os pagos se poña no concepto o nome da persoa e oproduto que se paga.
Está previsto que se realicen os seguintes pedidos:
1. ARROZ, encargada da xestión: NURIA
2. CARNE, encargada da xestión: CATA
3. COMERCIO XUTO, encargada da xestión: AZUCENA
4. QUEIXO DE CABRA, encargada da xestión: CATA
5. CÍTRICOS, encargado da xestión: MARCOS
Os pedidos serán xestionados en todo momento a través do foro do blog
VOUCHEAPÓRVERDE. As persoas que os xestionan poñerán nel información dos productos, prezos, prazo para os pagos etc. A data límite establecida para realiza-los pedidos será o 22 de febreiro. No caso dos CÍTRICOS será o 18 de febreiro.
Terceiro punto:
Elisa propuxo que Karrikanta colaborara con Airiños do Xunco para animar a que se cree un mercado de produtos orgánicos e de carácter local na Praza do Souto en Cervo, con una periodicidade semanal. Azucena encargarase de retomar os trámites.
12 de febreiro de 2012
A secretaria provisional: Luz Campo
Vº bon Presidenta: Nuria Torrado