jueves, 29 de marzo de 2012
Forma de pago
DESPOIS DE FALAR CON NOVAGALICIA BANCO sobre os gastos de facer transferencias (1,20 Eur por cada operación online ou 2,40 en ventanilla non negociables no noso caso) chego á conclusión de QUE A MELLOR FORMA DE PAGO a PROVEEDORES PARA KARRIKANTA É QUE NOS ENVIÉN UN RECIBO DOMICILIADO. Penso que no nos podemos permitir ese gasto ó cabo do ano. Polo tanto a partir de agora esa será a nosa forma de pago, si estades todos de acordo.
Cando necesitedes os datos para enviárllelos ó proveedor enviáde un mail a Luz que volos fai chegar.
Saúdos,
jueves, 22 de marzo de 2012
Reunion de Karrikanta con Airiños
O próximo luns, 26 de marzo, vaise celebrar unha reunión de Karrikanta con Airiños para falar do tema do mercado local. Rogamos que quen poida asistir acuda ás 17:30h ao local de Airiños en Cervo (Escolas vellas). Moitas grazas a tod@s.
martes, 13 de marzo de 2012
AVISO DE REUNIÓN ASOCIACIÓN KARRICANTA
Pola presente convócase a próxima reunión para o vindeiro 20 DE ABRIL DE 2012 VENRES, ÁS 19.00 HORAS NO ECO MUSEO DE CERVO (TAMÉN COÑECIDO COMO CONCELLO VELLO) co seguinte
ORDE DO DIA
- LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR
- VALORACIÓN SOBRE A XESTIÓN DOS PEDIDOS
- VALORACIÓN DOS PRODUTOS
- SEGUIMENTO DA CONSECUCIÓN DUN LOCAL DE ALMACENAXE
- SEGUIMENTO DO PROXECTO DO MERCADO LOCAL
domingo, 11 de marzo de 2012
Mercado de produtos naturais e artesáns
PROGRAMA
18 de marzo, dende as 11:00 e durante todo o día.
Haberá postos de artesanía (cerámica, cestería, etc) e produtos da terra (queixos, mel, embutidos, hortalizas, etc)
Teremos xantar para gozar do día na Eira da Xoana (callos, polbo e outras viandas)
Sorteo dunha cesta entre os consumidores da Feira. Obradoiros e música
11:30 Cosmética natural
12:30 Obradoiro de Cestería
13:30 Espicha da sidra da Eira da Xoana
14:30 Xantar amenizado co grupo musical “Fantoches Baj” co cabezudo “Zampón O Lambón” e o oboísta Benxa Otero.
16:00 Xogos populares, obradoiro de chapas, e máis música con “Herba Grileira” e “Bico da Balouta”
17:30 Palestra “A soberanía alimentar. Diversas perspectivas” Consumo responsable (A Cova da Terra); comercio xusto (Panxea); produción ecolóxica (Raínha Lupa)
Localización : http://eiradaxoana. blogaliza.org/
Máis información: local nacional (981 570099), na nosa web: www.adega.info ou en Facebook
Suscribirse a:
Entradas (Atom)