domingo, 11 de marzo de 2012

Mercado de produtos naturais e artesáns

PROGRAMA
18 de marzo, dende as 11:00 e durante todo o día.
Haberá postos de artesanía (cerámica, cestería, etc) e produtos da terra (queixos, mel, embutidos, hortalizas, etc)
Teremos xantar para gozar do día na Eira da Xoana (callos, polbo e outras viandas)
Sorteo dunha cesta entre os consumidores da Feira. Obradoiros e música
11:30 Cosmética natural
12:30 Obradoiro de Cestería
13:30 Espicha da sidra da Eira da Xoana
14:30 Xantar amenizado co grupo musical “Fantoches Baj” co cabezudo “Zampón O Lambón” e o oboísta Benxa Otero.
16:00 Xogos populares, obradoiro de chapas, e máis música con “Herba Grileira” e “Bico da Balouta”
17:30 Palestra “A soberanía alimentar. Diversas perspectivas” Consumo responsable (A Cova da Terra); comercio xusto (Panxea); produción ecolóxica (Raínha Lupa)


Máis información: local nacional (981 570099),  na nosa web: www.adega.info ou en Facebook

No hay comentarios:

Publicar un comentario