A DELEGACIÓN DE
MEDIO AMBIENTE DO CONCELLO DE BURELA ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE PRODUCTOS ECOLÓXICOS E OS
SEUS BENEFICIOS PARA CONMEMORAR O DÍA DA TERRA. O ACTO SERÁ O 27 DE
ABRIL.
A
Delegación de Medio Ambiente organiza unha charla para conmemorar o
día da terra. O acto desenvolveráse o vindeiro venres, 27 de abril,
ás 20 horas no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca).
A
charla versará sobre Os
productos ecolóxicos e os seus beneficios
e será impartida por Edmundo Maseda Maseda. Este veciño do
Valadouro adícase á producción ecolóxica de hortalizas desde hai
6 anos. Cultiva baixo invernadeiro tomates, pementos e leitugas, e ao
aire libre cultiva patacas e fabas. Edmundo Maseda pertence á
Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia, “que se entregan
á súa labor respectando o medio ambiente e as boas prácticas
agrícolas e gandeiras”.
Na
charla Edmundo Maseda
explicará en qué consiste a agricultura ecolóxica e cales son os
seus beneficios para a saúde, o medio ambiente e a economía rural.
Olá é unha boa oportunidade para dar a coñecer a Asociación en Burela, que opinades, teriamos que solicitar as organizadoras (delegación de Medio Ambiente)e asistir duas persoas en representación da Asociación, co anagrama (lona)e fichas de soci@.
ResponderEliminar