jueves, 31 de mayo de 2012

Mostra de produtos ecolóxicos de Asturias

Mostra de produtos ecolóxicos de Asturias o sábado 2 e o domingo 3 de xuño no Muséu del Pueblu d'Asturies. Unha plataforma para informar, formar e concienciar sobre a Ecoloxía e o coidado do medio ambiente.
Horario: de 10 a 18 horas


 

OBRADOIRO AGRICULTURA ECOLÓXICA MARIÑAS - BETANZOS

+info


sensibilización e revalorización das aldeas do noso rural galego.

A asociación de mulleres rurais "Fraga das Saímas" ven de poñer  en marcha a 2ª Fase da campaña de sensibilización e revalorización das aldeas do noso rural galego.     +información

miércoles, 23 de mayo de 2012

Rede galega de consumo responsable


Visualizar Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel nun mapa maior

Simposio en producción Agroecolóxica

+información

VI xornadas de agroecoloxía

 

Limpeza simultanea de praias 2012

Limpeza simultánea de praias no Día Mundial dos Océanos 2012 PDF Imprimir Correo-e
Envia Limpeza simultánea de praias no Día Mundial dos Océanos 2012 a FaceBookEnvia Limpeza simultánea de praias no Día Mundial dos Océanos 2012 a Twitter
O venres 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos. Con tal motivo, ADEGA convoca a todas as entidades interesadas a unirse nun evento de reivindicación e educación ambiental contra a contaminación mariña. Este día  diferentes grupos de toda Galiza, participarán na limpeza simultánea de praias, nas tres provincias costeiras. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, asociacións de todo tipo ou grupos de particulares estades chamados a limpar as nosas praias e denunciar os graves problemas ambientais do lixo nos mares..ÚNETE A NÓS E LIMPA A TÚA PRAIA! Mapa das ubicacións (Google Maps)
A maioría dos residuos inorgánicos que producimos e consumimos non teñen unha xestión axeitada. Moitos deles rematan incinerados, en vertedoiros ou o que é peor, nos mares. Unha elevada porcentaxe do lixo que atopamos nas praias provén de zonas do interior, que, sumado a outros vertidos acadan as 7 toneladas de plástico que cada ano rematan nos océanos.
Alén do seu impacto visual os residuos plásticos no mar son un grave perigo para a fauna mariña. Moitos animais acaban enredados en bolsas, sacos, redes, etc., o que habitualmente provoca a súa morte por asfixia ou por vulnerabilidade ante as súas presas. A fauna mariña inxire plásticos confundíndoos con alimento o que finalmente provoca tamén a súa morte.
Outro dos problemas máis graves é que o plástico acaba reducíndose en pequenos anacos que son inxeridos por peixes que finalmente rematarán nos nosos pratos. Isto fai que os compoñentes prexudiciais e perigosos que conteñen os plásticos pasen aos seres humanos, afectando directamente á nosa saúde.
A mellor maneira de actuar ante este problema é reducir o noso consumo de plástico, reutilizar o máximo posible e reciclar. Porén, para conseguir un cambio nos hábitos de consumo tamén precisamos dun cambio de conciencia.
Facemos unha chamada á poboación para conseguir unha masa crítica que se achegue ás praias o Día dos Océanos, e consiga por unha banda mellorar o estado das nosas costas pero sobre todo encetar unha necesaria mudanza da conciencia cidadá..
Se estás interesado/a en participar ponte en contacto con nós:
Localización: Praias de toda Galiza
Contacto: Lucía Parente, lucia@adega.info tlf: 981 57 00 99

miércoles, 2 de mayo de 2012


Marful na Fábrica de Sargadelos





Marful apura os últimos concertos da Xira Surreal e sobe ao norte, ao templo da Fábrica de Sargadelos.
Venres 4, ás 20:30h na Fábrica de Sargadelos (Cervo)

fotos e videos de marful:
http://marful.info/info/100821_manual-de-seducion/fotos-e-videos/

 


 

Marful entra no templo da arte fabril galega: a Fábrica de Sargadelos.
A Fábrica poderá visitarse durante a mañá (até as 14h).
A presenza musical de Marful comezará ás 20:30h en punto e rematará ás 22h.
Ao remate, artistas e público poderán degustar unhas tapas en Cervo,
ofrecidas pola S.D. Cervo-Sargadelos e a Asociación Cultural Airiños do Xunco,
preludio da Festa do Porco que terá lugar ao día seguinte.
Esta actividade é posíbel grazas á colaboración do Concello de Cervo, a Fábrica de Sargadelos e grazas ao público.
Aforo limitado (40 persoas). Entrada 15 euros. Reserva de entradas no Concello de Cervo ou aquí




Xira Surreal: “MARFUL é o mellor que lle puido pasar á música galega nestes últimos 10 anos!”, din os fans do grupo.
Marful revolucionou a música galega, convertíndose nun grupo de culto entre a intelectualidade do seu país.
Sempre na vangarda, son desbrozadores e exploradores de novos camiños- Marful souberon situarse no panorama nacional (mellor disco do público no 2006) e internacional (Feira da Habana,Festival de músicas do mundo de Sines, Celtic Connections), sendo o primeiro grupo en representar a Galiza no Womex 2007 e o único grupo que ten tocado no templo da música portuguesa, a Casa da Música de Porto.

Un dos mais grandes guitarristas de flamenco Marcos Teira, o mestre do acordeón diatónico Pedro Pascual, o exquisito clarinetista Pablo Pascual e a voz que arranca das entrañas Ugia Pedreira (da Mariña) conforman este arquipélago de existencias musicais: Marful.

Porque non hai máis crise cá das ideas e o mundo é dos “valentes, que ensinan os dentes”, Marful arrinca este 2012 cunha xira chea de beleza e cariño. Un percorrido polos lugares máis paradisíacos da xeografía galega. Unha proposta de achegamento ao público do país porque “Sempre hai público para unha boa música. Sempre hai corazón para un bo sentimento”.

Namorados do patrimonio civil e da arquitectura, como o mostran nos seus discos, deciden e elixen os lugares donde atoparse en cadeas persoais singulares, espazos únicos e momentos exclusivos. Desfrutando da poética e historia dos espazos a través do potencial maior, a emoción que move o mundo: o amor. A poesía e o amor extensíbel a toda forma de vida.

Marful confía plenamente no público galego mais alá dos palcos dos teatros e auditorios, que tamén. Do público que acepta desfrutar do reducido, das pequenas cousas. Marful elixe aventurarse e achegarse á xente en lugares singulares, unindo turismo cultural e música, combinando o sano minifundismo galaico con ideas sociais avanzadas.

Soñando e xogando a vida en cada actuación, estas “presenzas musicais” de Marful tratan dun coñecemento sobre eles mesmos e sobre os seus oíntes cos que desexan fundar, se é posíbel, relacións máis profundas que a aparencia. Por iso lles ofrecen a súa presenza próxima, nun formato coidado e exclusivo, para que dunha maneira íntima e atenta os poidan escoitar cantar, tocar, falar, respirar, degustar, emocionarse e suar.

Nesta “Xira surreal” Marful percorrerá mosteiros, illas, muíños, conserveiras, museos, granxas, bodegas, pazos, torres, fervenzas, castelos, fábricas… ofrecendo en cada espazo o mellor de si: a súa música, a súa presenza. E, de acompañamento, os mellores produtores e produtos gastronómicos de cada zona, arredor dos que se atoparán artistas e público. Os aforos serán limitados; as músicas e as presenzas non. Ofrecerán o mellor dos seus dous discos e algunhas xoias a maiores, e partillarano todo coa maxia dos diferentes lugares, en acústico ou semiacústico.