Limpeza simultánea de praias no Día Mundial dos Océanos 2012 |
![]() |
![]() |
![]() |
![]()
A
maioría dos residuos inorgánicos que producimos e consumimos non teñen
unha xestión axeitada. Moitos deles rematan incinerados, en vertedoiros
ou o que é peor, nos mares. Unha elevada porcentaxe do lixo que atopamos
nas praias provén de zonas do interior, que, sumado a outros vertidos
acadan as 7 toneladas de plástico que cada ano rematan nos océanos.
Alén do seu impacto visual os residuos
plásticos no mar son un grave perigo para a fauna mariña. Moitos animais
acaban enredados en bolsas, sacos, redes, etc., o que habitualmente
provoca a súa morte por asfixia ou por vulnerabilidade ante as súas
presas. A fauna mariña inxire plásticos confundíndoos con alimento o que
finalmente provoca tamén a súa morte.
Outro dos problemas máis graves é que o
plástico acaba reducíndose en pequenos anacos que son inxeridos por
peixes que finalmente rematarán nos nosos pratos. Isto fai que os
compoñentes prexudiciais e perigosos que conteñen os plásticos pasen aos
seres humanos, afectando directamente á nosa saúde.
A mellor maneira de actuar ante este
problema é reducir o noso consumo de plástico, reutilizar o máximo
posible e reciclar. Porén, para conseguir un cambio nos hábitos de
consumo tamén precisamos dun cambio de conciencia.
Facemos unha chamada á poboación para
conseguir unha masa crítica que se achegue ás praias o Día dos Océanos, e
consiga por unha banda mellorar o estado das nosas costas pero sobre
todo encetar unha necesaria mudanza da conciencia cidadá..
Se estás interesado/a en participar ponte en contacto con nós:Localización: Praias de toda Galiza Contacto: Lucía Parente, lucia@adega.info tlf: 981 57 00 99 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario