En ADEGA e o Proxecto Ríos votamos a mollarnos polos ríos, poñemos as botas e tentaremos deixalos libres do lixo que segue a aparecer nas nosas ribeiras e ríos. Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estén ben conservados.
Este ano será xa a V Limpeza Simultánea en ríos de toda Galiza, que se celebrará o domingo 30 de setembro. Nuns dias poderedes consultar toda a información na páxina web http://limpeza.proxectorios.org/.
Como en anos anteriores o Proxecto Ríos
entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza
ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar
cartaces divulgativos para cada zona cun teléfone de contacto para que
se apunten as persoas que queiran participar.
É
fundamental nesta xornada a implicación dos concellos, para que
garantan a recollida do lixo extraído, e axudar co material necesario
así coma cos seguros. Animamos aos participantes a pesar o lixo retirado
e a difundir no propio concello a idea de que o río non é un
vertedoiro.
As persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse
previamente chamando ao teléfone do/a coordenador/a de cada
zona (difundirémolos en breve), ou dende xa ao local nacional de ADEGA
(981 570099).
No hay comentarios:
Publicar un comentario