jueves, 7 de junio de 2012
MERCADO DE ALIMENTO LABREGO DE TEO.
Este SÁBADO DÍA 9 DE XUÑO inauguración do MERCADO DE ALIMENTO LABREGO DE TEO.
Este mercado que terá lugar todos os sábados en horario de mañá (10.00 a 14.00 horas), celebrarase na Praciña de Os Tilos (en Teo). Asistirán labreg@s do concello de Teo e da Comarca de Compostela. Nos postos poderemos atopar entre outros produtos: verduras e froitos de tempada: acelga, cebolas, ceboleta, cenoura, chicharos, fabas secas, espárragos, espinafre , faba loba, morangos (fresas), leituga, patacas, porros, repolo, verza, noces, limóns, laranxas, frambuesas, herbas aromáticas, lácteos, produtos da casa elaborados, zumes naturais e marmeladas, mel, ovos, fariñas...
Dende o Sindicato Labrego Galego pensamos na recuperación dos mercados locais e de tempada como unha alternativa de futuro. Este tipo de mercado favorece tanto a economía de labregas e labregos como a economía da localidade, e ofrece unha total transparencia fronte aos consumidores. Tamén pensamos que é positivo e necesario a recuperación dun espazo social onde se tecen relacións entre consumidoras e comsumidores e produtores e tamén entre a propia veciñanza.
ANIMAMOS A QUE VOS ACHEGUEDES A ESTE MERCADO!!!
ENTRE AS PERSOAS QUE MERQUEN OS SEUS PRODUTOS NO MERCADO HABERÁ UN SORTEO DUNHA CESTA DE PRODUTOS LABREGOS!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario