ESTE DOMINGO DÍA 23 NO MERCADO teremos a actuación do MAGO TETO a partires das 13.00.
O mercado, celebrarase NO PAVILLÓN Do cole de CERVO.
martes, 18 de diciembre de 2012
jueves, 13 de diciembre de 2012
viernes, 30 de noviembre de 2012
Des-Concerto expansivo
Pousada das Ánimas. Boiro
Marearte. Performance
Os Mustang. Pop
Strömbopia
Café Cultural Auriense. Ourense
Ultraqans. Rock
Café Rock Atlántico. Santiago
Xulio Abonjo. Actor
Marcos Orsi. Actor
Chiqui Pereira. Actor
Paula Carballeira. Actriz e contadora
Os San Caetanos. Pista Catro. Música brasileira.
Casa das Crechas. Santiago
Liga Gaiteira Galega. Folk.
Xosé Constenla. Canción.
Carlos Santiago. Monologuista
Pepe Penabade. Actor.
Café Bar El Puente. Santiago
Exposición Javier Iglesias
Xosé Barato
Rocío González
Foliada
CSA O Fresco. Ponte Areas
Sacha na Leira
Ocekaos
Baba Bar. A Coruña
Rungekutta
Alba
Bar Cazadores. Ferrol
Maria Manuela. Canción. Ferrol
Fernando Naveiras “Fefi”. canción. Ferrol
Antón Varela. Gaiteiro. Ferrol
Manolo Bacallao. Canción. Ferrol
Guillermo Fernández e Karlotti. Poetas. Ferrol
Bernardo Maiz. Historiador. Ferrol
Xosé María Dobarro. Filólogo. Ferrol
Roger de Flor
Marqués das Viñas. Canción
Roberto Grandal. Acordeón
Lefre de Caldereta
Poesía Salvaxe
A Repichoca. A Coruña
César Cambeiro. Actor
Maghúa. Cantareiros
Foliada
A Regadeira de Adela. Santiago
Antón Coucheiro “Cou”
Micro-Impro
A Artística. Vigo
Cabaret Titán
Alfredo Rodríguez
Olga Cameselle
Bar Sursum Corda. Corrubedo
Teatro infantil. “Os Animaliños Pupu”.
Rockfamidas. Rock
La Yegua Gris. Punk Rock
Asociación Flor de Toxo. Ribeira.
Cándido Pazó
Barco a pique, contada.
Festival “Rir por non chorar”. Lugo
ADEGA Lugo
Leo i Arremecajoná
Isabel Risco
Carlos Blanco
Ateneu Popular 9Barris. Barcelona.
Lo Petit Comité
Sundache
DJ Nacho
C.S. Gentalha do Pichel. Santiago
Vicky Pollard
Museo do Mar. Muros
Chévere. Citizen
Culturgal
Os Quinquilláns
Os da Ría
Os Irmandiños de Vincio
Pub Gatos. Melide
Toques do Caramulo
Praza de Abastos. Burela
Colectivo Cultural Buril.
Magosto Popular
Marosa Jazz Project
Medio Quinhón
Skohlma
The Broken Revenge
Teatro Ensalle. Vigo
Ibuprofeno Teatro. “Pequenos Actos Pseudorevolucionarios”
Pasarrúas performático. Porto do Son
Creación dun gran mural do mar.
Pasarrúas co grupo Rumbía.
Lectura de Poemas
Paco de Leña. Música
Mordecans (membros). Música
Curva a Esquerda. Música
Discoteca Sarela. Santiago
Festival da Asociación Cultural e Xuvenil ITACA
A Terraza do Nuadé. Sigüeiro
Lili Berlín. Cabaret
Local Social “A Tiradoura”. Cangas
Susana Moreira. Música
José Ramón Rocha. Música
Rosario Entenza. Música
Mª Jesús Torres. Música
Diana Rodová. Música
Jorge Rogero. Música
María Salgueiro. Actriz
Sonia Rúa. Actriz
Casilda Alfaro. Actriz
Taller de creación Atravesa. Santiago
Exposición “Manchas Negras”
Marcelo Gómez. Poeta
Restaurante Con do Sol. Illa de Arousa
Asociación Cultural e Deportiva DORNA
Xuntanza mariñeira
Música e Baile Tradicional
Praza Islandia de Maó. Menorca
Xan Xove. Performance
Chachas sen Fronteiras. Performance
Palco aberto. Jam Session
Auditorio Illa de Arousa
Roi Casal e a súa banda. Folk-pop
Pub D´Antón Rock Café. A Laracha
O Sonoro Maxín
Con do Moucho. Illa de Arousa
Zurumalla. Folk
Uxía Senlle. Canción
Auditorio Municipal do Carballiño
Excéntricas Teatro. “Oeste Solitario”
Liet Internacional 2012. Xixón
Copa cantábrica de Liriu-Billarda
Selección Galega de Billarda
Magosto do Viso. Redondela
Tanxarina. Títeres.
Pallasos en Rebeldía. Clown
Peter Punk. Compañía teatral
Festival de Curtas de Noia
Ricardo de Barreiro
Asociación de Vela do Grove
Xuntanza
Clavicémbalo. Lugo
Txarango. Música.
Isabel Risco. Actriz
Carlos Blanco. Monologuista
Tapa das Meigas. A Coruña
Carne de Papel. Exposición
Miguel Rios López. Artista plástico.
lunes, 19 de noviembre de 2012
miércoles, 14 de noviembre de 2012
taller de ĀYURVEDA
Charla Gratuita
Taller de ĀYURVEDA
Conocer las
simples Leyes de la Naturaleza para la Salud y el Bienestar
Fecha
30 de Noviembre 2012
Horario
20:30/22:00
Lugar de Celebración
La Coruña
Chac Chic Chac
Rda.
Monte Alto n.28 Ss.14
Āyurveda significa “ciencia de la vida”. La medicina Ayurvédica
nació en la India hace cerca de 5000 años, se basa en una concepción
“holística” del hombre, que considera el cuerpo inseparable de la mente. Unos
buenos hábitos de vida, una alimentación sana y el masaje, son considerados
fundamentales para la prevención de las enfermedades y para preservar la salud
y el bienestar. Sus reglas se encuentran en los antiguos textos que constituyen
la base de la medicina Ayurvédica: la Sushruta y la Charaka Samhita. Su
objetivo principal es el de restablecer el equilibrio del organismo y de
mantener la salud física y mental.
En esta
charla se hablará en líneas generales sobre el contenido del “Taller de Āyurveda”
que se celebrará el domingo día 2 de diciembre 2012.
Imparte: Piero Piga - Masajista Ayurvédico (www.masajeayurvedico.es)
Se ha formado como masajista ayurvédico
en el centro “C.Y. Surya – Scuola Internazionale di Yoga e Ayurveda” del
Maestro Amadio Bianchi en Milán (www.cysurya.milano.it)
en el 2003. Se dedica a esta labor desde hace más de ocho años. Ha
perfeccionado su formación con el Maestro Amadio Bianchi frecuentando cursos de
Tratamientos Ayurvédicos (shirodhara, pindasweda, basti, garshana, ubatana,
etc.). Ha frecuentado cursos de masaje ayurvédico con Natalia G. Sañudo en el centro “Abhyanga
Yoga & Ayurveda” en A Coruña. Ha ampliado su interés en terapias manuales
con el curso de masaje en E.S.T.P (Escuela Superior Técnica Parasanitaria) de
La Coruña y “Masaje para Mujeres Embarazadas” con Ascensión Gómez López
(Matrona y Fisioterapeuta) en el Centro Hebamme de Cartagena (www.hebamme.es).
Es practicante de Yoga y forma parte de la “European Yoga Federation”
(www.europeanyogafederation.net). Colaborador del Maestro Amadio Bianchi en la
organización de cursos de Ayurveda en la Comunidad Autónoma
de Galicia.
Piero Piga – masajista ayurvédico
Avda. de Arteijo n.110/7ºB - 15007 La Coruña
Tlf: 0034 679 933 975
E-mail: masaje.ayurvedico@yahoo.es
jueves, 8 de noviembre de 2012
sábado, 29 de septiembre de 2012
Granxa O Cancelo: leite pasterizado e xeados artesáns
A semana pasada incorporouse a Abertos ao Galego
unha nova empresa: Granxa O Cancelo, unha granxa situada no Concello de Miño que produce leite e xeados artesáns.
A Granxa O Cancelo (www.facebook.com/granxaocancelo) é un dos proxectos da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña (CAP Coruña, www.capcoruna.com).
O proxecto retoma en 2009 unha granxa abandonada en
Bemantes, Miño, co obxectivo de traballar a prol do sector lácteo,
producindo leite de calidade e conectando a produtoras e produtores
coas consumidoras e consumidores do xeito máis directo posíbel.
Esta
semana, Abertos ao Galego estivo de visita na Granxa O Cancelo para
coñecer a súa forma de traballar e os seus produtos. Ademais de
mostrarnos as súas instalacións, explicáronnos que utilizan técnicas de
produción que permiten obter os
mellores rendementos garantindo un uso responsábel e sostíbel dos
recursos, o benestar das vacas e as boas condicións de traballo para as
persoas.
A
Granxa está situada no Cancelo, no concello de Miño. Teñen 95 vacas,
que son alimentadas con forraxes producidos principalmente nas terras
que rodean a granxa, complementados con cereais que mercan en empresas
galegas. Despois de muxir, o leite é pasteurizado e almacenado en
recipientes especiais. Unha parte do leite véndena á industria, mais
reservan unha parte para a venda directa.
O
leite que comercializan directamente distribúese por transporte
refrixerado ás máquinas expendedoras que teñen en distintas vilas da
comarca, mais tamén o levan embotellado a cafetarías, restaurantes e
pequenas tendas.
Ademais
do leite, desde 2011 a Granxa O Cancelo elabora tamén os seus xeados
artesáns. O ingrediente principal destes xeados é o leite recén muxido
na propia granxa, ao que engaden ingredientes de produtores
maioritariamente galegos. Algúns dos seus sabores son o de amorodos, o
de turrón, o de chocolate ou o de licor café. Para elaborar os xeados
contan con licor café de Adegas Coto de Gomariz, kiwis de Kiwi
Atlántico, castañas de Caurelor ou froitas de Gueixade.
Os
produtos que
vende a Granxa O Cancelo están etiquetados integramente en galego,
ademais de que é a lingua na que se desenvolven as relacións laborais e
toda a documentación interna e externa da empresa. A elección da lingua,
segundo nos comentaron Pura e Bri, foi unha cuestión obvia, pois o
galego é a lingua habitual neste sector, ademais da lingua da maior
parte dos traballadores e traballadoras da Granxa.
Deixámosvos os puntos de venda do leite fresco: http://capcoruna.com/leite/ e dos xeados artesáns http://capcoruna.com/xeados/ e recomendámosvos que os probedes!
jueves, 13 de septiembre de 2012
V LIMPEZA SIMULTÁNEA DOS RÍOS GALEGOS
30 de setembro, domingo
En ADEGA e o Proxecto Ríos votamos a mollarnos polos ríos, poñemos as botas e tentaremos deixalos libres do lixo que segue a aparecer nas nosas ribeiras e ríos. Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estén ben conservados.
En ADEGA e o Proxecto Ríos votamos a mollarnos polos ríos, poñemos as botas e tentaremos deixalos libres do lixo que segue a aparecer nas nosas ribeiras e ríos. Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estén ben conservados.
Este ano será xa a V Limpeza Simultánea en ríos de toda Galiza, que se celebrará o domingo 30 de setembro. Nuns dias poderedes consultar toda a información na páxina web http://limpeza.proxectorios.org/.
Como en anos anteriores o Proxecto Ríos
entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza
ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar
cartaces divulgativos para cada zona cun teléfone de contacto para que
se apunten as persoas que queiran participar.
É
fundamental nesta xornada a implicación dos concellos, para que
garantan a recollida do lixo extraído, e axudar co material necesario
así coma cos seguros. Animamos aos participantes a pesar o lixo retirado
e a difundir no propio concello a idea de que o río non é un
vertedoiro.
As persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse
previamente chamando ao teléfone do/a coordenador/a de cada
zona (difundirémolos en breve), ou dende xa ao local nacional de ADEGA
(981 570099).
jueves, 23 de agosto de 2012
martes, 17 de julio de 2012
Datas do mercado de proximidade de cervo
Celébrase o segundo e cuarto domingo de cada mes na praza do souto.
As próximas citas:
8 e 22 de Xullo
12 e 26 de Agosto
As próximas citas:
8 e 22 de Xullo
12 e 26 de Agosto
miércoles, 11 de julio de 2012
viernes, 22 de junio de 2012
lunes, 18 de junio de 2012
A cara oculta dos lacteos
SILVIA
MÉNDEZ ALONSO
Bióloga y
profe.
Máster Medicina
Natural.
Experta en
Alimentación y Nutrición Sana y Natural.
Amante de los
fogones.
Alumna de Olga
Cuevas y de Montse Vallory.
Imparte...
Charla: "La cara oculta de los lácteos"
........en Seara ecoBar (A
Coruña).......
Cuando hablamos de lácteos nos referimos, principalmente, a la leche y sus derivados fermentados como son el queso, el yogur o el kéfir, procedente de mamíferos como la vaca, la cabra o la oveja.
Desde siempre hemos creído en estos productos como fuentes inmejorables de calcio. Pero lo cierto es que cada vez son más los "intolerantes a la lactosa", los "alérgicos a la leche" o los que padecen "osteoporosis". Y cada vez más marcas producen leches sin lactosa.
¿Qué pasa entonces? ¿Es verdad todo lo que nos cuentan? ¿No sientes curiosidad?Así, pondremos sobre la mesa a LOS LÁCTEOS, los miraremos con lupa y sentaremos las bases para entender si estos productos, que la industria alimentaria se ha encargado de poner tan de moda, satisfacen realmente nuestras necesidades.
Para mí es un verdadero placer poder transmitiros los conocimientos que he adquirido en estos últimos años, y más cuando hablamos de este gran campo como es el de la alimentación, desbordante de información, publicidad engañosa e innumerables intereses económicos de inmensas multinacionales que llenan las estanterías de los supermercados con sus alimentos "vacíos".
Podéis consultar la info de la charla en el cartel que os adjunto.Recordad que las PLAZAS SON LIMITADAS.
Y recordad también que al finalizar haremos una cata de diferentes leches vegetales y degustaremos exquisitos tentempiés!
SÍGUEME EN https://www.facebook.com/vdevegetal
http://vdevegetal.blogspot.com/
domingo, 10 de junio de 2012
viernes, 8 de junio de 2012
jueves, 7 de junio de 2012
MERCADO DE ALIMENTO LABREGO DE TEO.
Este SÁBADO DÍA 9 DE XUÑO inauguración do MERCADO DE ALIMENTO LABREGO DE TEO.
Este mercado que terá lugar todos os sábados en horario de mañá (10.00 a 14.00 horas), celebrarase na Praciña de Os Tilos (en Teo). Asistirán labreg@s do concello de Teo e da Comarca de Compostela. Nos postos poderemos atopar entre outros produtos: verduras e froitos de tempada: acelga, cebolas, ceboleta, cenoura, chicharos, fabas secas, espárragos, espinafre , faba loba, morangos (fresas), leituga, patacas, porros, repolo, verza, noces, limóns, laranxas, frambuesas, herbas aromáticas, lácteos, produtos da casa elaborados, zumes naturais e marmeladas, mel, ovos, fariñas...
Dende o Sindicato Labrego Galego pensamos na recuperación dos mercados locais e de tempada como unha alternativa de futuro. Este tipo de mercado favorece tanto a economía de labregas e labregos como a economía da localidade, e ofrece unha total transparencia fronte aos consumidores. Tamén pensamos que é positivo e necesario a recuperación dun espazo social onde se tecen relacións entre consumidoras e comsumidores e produtores e tamén entre a propia veciñanza.
ANIMAMOS A QUE VOS ACHEGUEDES A ESTE MERCADO!!!
ENTRE AS PERSOAS QUE MERQUEN OS SEUS PRODUTOS NO MERCADO HABERÁ UN SORTEO DUNHA CESTA DE PRODUTOS LABREGOS!!
miércoles, 6 de junio de 2012
sábado, 2 de junio de 2012
jueves, 31 de mayo de 2012
Mostra de produtos ecolóxicos de Asturias
Mostra de produtos ecolóxicos de Asturias o sábado 2 e o domingo 3 de xuño no Muséu del Pueblu d'Asturies. Unha
plataforma para informar, formar e concienciar sobre a Ecoloxía e o
coidado do medio ambiente.
Horario: de 10 a 18 horas
Horario: de 10 a 18 horas
sensibilización e revalorización das aldeas do noso rural galego.
A asociación de mulleres rurais "Fraga das Saímas" ven de poñer en marcha a 2ª Fase da campaña de sensibilización e revalorización
das aldeas do noso rural galego. +información
martes, 29 de mayo de 2012
lunes, 28 de mayo de 2012
domingo, 27 de mayo de 2012
miércoles, 23 de mayo de 2012
Limpeza simultanea de praias 2012
Limpeza simultánea de praias no Día Mundial dos Océanos 2012 |
O venres 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos.
Con tal motivo, ADEGA convoca a todas as entidades interesadas a unirse
nun evento de reivindicación e educación ambiental contra a
contaminación mariña. Este día diferentes grupos de toda Galiza,
participarán na limpeza simultánea de praias, nas tres
provincias costeiras. Centros de ensino, escolas de surf, centros de
mergullo, clubes de piragüismo, vela, asociacións de todo tipo ou grupos
de particulares estades chamados a limpar as nosas praias e denunciar
os graves problemas ambientais do lixo nos mares..ÚNETE A NÓS E LIMPA A TÚA PRAIA! Mapa das ubicacións (Google Maps)
A
maioría dos residuos inorgánicos que producimos e consumimos non teñen
unha xestión axeitada. Moitos deles rematan incinerados, en vertedoiros
ou o que é peor, nos mares. Unha elevada porcentaxe do lixo que atopamos
nas praias provén de zonas do interior, que, sumado a outros vertidos
acadan as 7 toneladas de plástico que cada ano rematan nos océanos.
Alén do seu impacto visual os residuos
plásticos no mar son un grave perigo para a fauna mariña. Moitos animais
acaban enredados en bolsas, sacos, redes, etc., o que habitualmente
provoca a súa morte por asfixia ou por vulnerabilidade ante as súas
presas. A fauna mariña inxire plásticos confundíndoos con alimento o que
finalmente provoca tamén a súa morte.
Outro dos problemas máis graves é que o
plástico acaba reducíndose en pequenos anacos que son inxeridos por
peixes que finalmente rematarán nos nosos pratos. Isto fai que os
compoñentes prexudiciais e perigosos que conteñen os plásticos pasen aos
seres humanos, afectando directamente á nosa saúde.
A mellor maneira de actuar ante este
problema é reducir o noso consumo de plástico, reutilizar o máximo
posible e reciclar. Porén, para conseguir un cambio nos hábitos de
consumo tamén precisamos dun cambio de conciencia.
Facemos unha chamada á poboación para
conseguir unha masa crítica que se achegue ás praias o Día dos Océanos, e
consiga por unha banda mellorar o estado das nosas costas pero sobre
todo encetar unha necesaria mudanza da conciencia cidadá..
Se estás interesado/a en participar ponte en contacto con nós:Localización: Praias de toda Galiza Contacto: Lucía Parente, lucia@adega.info tlf: 981 57 00 99 |
martes, 22 de mayo de 2012
lunes, 14 de mayo de 2012
sábado, 5 de mayo de 2012
miércoles, 2 de mayo de 2012
Marful na Fábrica de Sargadelos
Marful apura os últimos concertos da Xira Surreal e sobe ao norte, ao templo da Fábrica de Sargadelos.
Venres 4, ás 20:30h na Fábrica de Sargadelos (Cervo)
fotos e videos de marful:http://marful.info/
Marful entra no templo da arte fabril galega: a Fábrica de Sargadelos.
A Fábrica poderá visitarse durante a mañá (até as 14h).
A presenza musical de Marful comezará ás 20:30h en punto e rematará ás 22h.
Ao remate, artistas e público poderán degustar unhas tapas en Cervo,
ofrecidas pola S.D. Cervo-Sargadelos e a Asociación Cultural Airiños do Xunco,
preludio da Festa do Porco que terá lugar ao día seguinte.
Esta actividade é posíbel grazas á colaboración do Concello de Cervo, a Fábrica de Sargadelos e grazas ao público.
Aforo limitado (40 persoas). Entrada 15 euros. Reserva de entradas no Concello de Cervo ou aquí
Xira Surreal: “MARFUL é o mellor que lle puido pasar á música galega nestes últimos 10 anos!”, din os fans do grupo.
Marful revolucionou a música galega, convertíndose nun grupo de culto entre a intelectualidade do seu país.
Sempre na vangarda, son desbrozadores e exploradores de novos camiños- Marful souberon situarse no panorama nacional (mellor disco do público no 2006) e internacional (Feira da Habana,Festival de músicas do mundo de Sines, Celtic Connections), sendo o primeiro grupo en representar a Galiza no Womex 2007 e o único grupo que ten tocado no templo da música portuguesa, a Casa da Música de Porto.
Un dos mais grandes guitarristas de flamenco Marcos Teira, o mestre do acordeón diatónico Pedro Pascual, o exquisito clarinetista Pablo Pascual e a voz que arranca das entrañas Ugia Pedreira (da Mariña) conforman este arquipélago de existencias musicais: Marful.
Porque non hai máis crise cá das ideas e o mundo é dos “valentes, que ensinan os dentes”, Marful arrinca este 2012 cunha xira chea de beleza e cariño. Un percorrido polos lugares máis paradisíacos da xeografía galega. Unha proposta de achegamento ao público do país porque “Sempre hai público para unha boa música. Sempre hai corazón para un bo sentimento”.
Namorados do patrimonio civil e da arquitectura, como o mostran nos seus discos, deciden e elixen os lugares donde atoparse en cadeas persoais singulares, espazos únicos e momentos exclusivos. Desfrutando da poética e historia dos espazos a través do potencial maior, a emoción que move o mundo: o amor. A poesía e o amor extensíbel a toda forma de vida.
Marful confía plenamente no público galego mais alá dos palcos dos teatros e auditorios, que tamén. Do público que acepta desfrutar do reducido, das pequenas cousas. Marful elixe aventurarse e achegarse á xente en lugares singulares, unindo turismo cultural e música, combinando o sano minifundismo galaico con ideas sociais avanzadas.
Soñando e xogando a vida en cada actuación, estas “presenzas musicais” de Marful tratan dun coñecemento sobre eles mesmos e sobre os seus oíntes cos que desexan fundar, se é posíbel, relacións máis profundas que a aparencia. Por iso lles ofrecen a súa presenza próxima, nun formato coidado e exclusivo, para que dunha maneira íntima e atenta os poidan escoitar cantar, tocar, falar, respirar, degustar, emocionarse e suar.
Nesta “Xira surreal” Marful percorrerá mosteiros, illas, muíños, conserveiras, museos, granxas, bodegas, pazos, torres, fervenzas, castelos, fábricas… ofrecendo en cada espazo o mellor de si: a súa música, a súa presenza. E, de acompañamento, os mellores produtores e produtos gastronómicos de cada zona, arredor dos que se atoparán artistas e público. Os aforos serán limitados; as músicas e as presenzas non. Ofrecerán o mellor dos seus dous discos e algunhas xoias a maiores, e partillarano todo coa maxia dos diferentes lugares, en acústico ou semiacústico.
lunes, 30 de abril de 2012
Plataforma contra as fumigacións masivas dos eucaliptos
Salvemos as abellas de Galicia,
salvemos o noso futuro
Está previsto fumigar todos os eucaliptais de Galicia cun
insecticida tóxico para as abellas que estará prohibido na UE a partir
do 1 de agosto.
Debemos movilizarnos para salvar as abellas e o resto do ecosistema
galego, sobre todo porque nos xogamos un equilibrio ecolóxico vital
para a nosa supervivencia. Os promotores desta fumigación deben dar
marcha atrás e retirar o plan. ¡Nin unha gota deste veneno debe caer
sobre os montes galegos! Se queren loitar contra as súas pragas, que
busquen métodos que non impliquen a morte da nosa agricultura.
Firma a petición:
Xa van mais de mil firmas enviadas!
martes, 24 de abril de 2012
CONVOCATORIA REUNIÓN KARRIKANTA DO MES DE MAIO:
CONVOCATORIA REUNIÓN KARRIKANTA DO MES DE
MAIO:
O próximo 4 de maio, venres, ás 19:00h celebramos a
próxima reunión cos seguintes puntos a tratar:
- SEGUIMENTO NOVO LOCAL PARA A ASOCIACIÓN EN BURELA
- VALORACIÓN SOBRE A PARTICIPACIÓN DOS PRODUTORES NO MERCADO ECOLÓXICO QUE TERÁ LUGAR NO DOMINGO SEGUINTE Á REUNIÓN
- VALORACIÓN DA XESTIÓN DE PEDIDOS
- ACTIVIDADES PARA O VERÁN
- PAGO DAS Cotas ANUAIS
lunes, 23 de abril de 2012
Charla: Os productos ecolóxicos e os seus beneficios
A DELEGACIÓN DE
MEDIO AMBIENTE DO CONCELLO DE BURELA ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE PRODUCTOS ECOLÓXICOS E OS
SEUS BENEFICIOS PARA CONMEMORAR O DÍA DA TERRA. O ACTO SERÁ O 27 DE
ABRIL.
A
Delegación de Medio Ambiente organiza unha charla para conmemorar o
día da terra. O acto desenvolveráse o vindeiro venres, 27 de abril,
ás 20 horas no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca).
A
charla versará sobre Os
productos ecolóxicos e os seus beneficios
e será impartida por Edmundo Maseda Maseda. Este veciño do
Valadouro adícase á producción ecolóxica de hortalizas desde hai
6 anos. Cultiva baixo invernadeiro tomates, pementos e leitugas, e ao
aire libre cultiva patacas e fabas. Edmundo Maseda pertence á
Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia, “que se entregan
á súa labor respectando o medio ambiente e as boas prácticas
agrícolas e gandeiras”.
Na
charla Edmundo Maseda
explicará en qué consiste a agricultura ecolóxica e cales son os
seus beneficios para a saúde, o medio ambiente e a economía rural.
jueves, 29 de marzo de 2012
Forma de pago
DESPOIS DE FALAR CON NOVAGALICIA BANCO sobre os gastos de facer transferencias (1,20 Eur por cada operación online ou 2,40 en ventanilla non negociables no noso caso) chego á conclusión de QUE A MELLOR FORMA DE PAGO a PROVEEDORES PARA KARRIKANTA É QUE NOS ENVIÉN UN RECIBO DOMICILIADO. Penso que no nos podemos permitir ese gasto ó cabo do ano. Polo tanto a partir de agora esa será a nosa forma de pago, si estades todos de acordo.
Cando necesitedes os datos para enviárllelos ó proveedor enviáde un mail a Luz que volos fai chegar.
Saúdos,
jueves, 22 de marzo de 2012
Reunion de Karrikanta con Airiños
O próximo luns, 26 de marzo, vaise celebrar unha reunión de Karrikanta con Airiños para falar do tema do mercado local. Rogamos que quen poida asistir acuda ás 17:30h ao local de Airiños en Cervo (Escolas vellas). Moitas grazas a tod@s.
martes, 13 de marzo de 2012
AVISO DE REUNIÓN ASOCIACIÓN KARRICANTA
Pola presente convócase a próxima reunión para o vindeiro 20 DE ABRIL DE 2012 VENRES, ÁS 19.00 HORAS NO ECO MUSEO DE CERVO (TAMÉN COÑECIDO COMO CONCELLO VELLO) co seguinte
ORDE DO DIA
- LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR
- VALORACIÓN SOBRE A XESTIÓN DOS PEDIDOS
- VALORACIÓN DOS PRODUTOS
- SEGUIMENTO DA CONSECUCIÓN DUN LOCAL DE ALMACENAXE
- SEGUIMENTO DO PROXECTO DO MERCADO LOCAL
domingo, 11 de marzo de 2012
Mercado de produtos naturais e artesáns
PROGRAMA
18 de marzo, dende as 11:00 e durante todo o día.
Haberá postos de artesanía (cerámica, cestería, etc) e produtos da terra (queixos, mel, embutidos, hortalizas, etc)
Teremos xantar para gozar do día na Eira da Xoana (callos, polbo e outras viandas)
Sorteo dunha cesta entre os consumidores da Feira. Obradoiros e música
11:30 Cosmética natural
12:30 Obradoiro de Cestería
13:30 Espicha da sidra da Eira da Xoana
14:30 Xantar amenizado co grupo musical “Fantoches Baj” co cabezudo “Zampón O Lambón” e o oboísta Benxa Otero.
16:00 Xogos populares, obradoiro de chapas, e máis música con “Herba Grileira” e “Bico da Balouta”
17:30 Palestra “A soberanía alimentar. Diversas perspectivas” Consumo responsable (A Cova da Terra); comercio xusto (Panxea); produción ecolóxica (Raínha Lupa)
Localización : http://eiradaxoana. blogaliza.org/
Máis información: local nacional (981 570099), na nosa web: www.adega.info ou en Facebook
Suscribirse a:
Entradas (Atom)